Ás oito da mañán collemos un tren que nos levou ata esta interesante cidade, que foi destruida polos bombardeos aliados en 1945 e refeita case que completamente.
Alí fixemos tres actividades:
- a visita ao Museo da Cidade, onde vimos unha exposición
fotográfica sobre como foi medrando a cidade dende 1945 ata o presente.
Foi emocionante ver imaxes de familias que, procedentes de España,
axudaron a producir o "milagro económico alemán" dos sesenta.
Vivindo en barracóns contribuíron a crear a terceira potencia industrial
mundial.
- un tour por Hanover para reflexionar sobre o cambio
climático a través dos medios de transporte, a comida que compramos e a
súa procedencia, o impacto do noso estilo de vida...
- coñecemos "Transition Hanover", unha organización que se adica á creación e fomento de hortas urbanas nas que se practica agricultura ecolóxica e un consumo responsable. Explicounos todo o señor García, co que nos fotografiamos, un fillo dun deses migrantes españois que marcharon a Alemaña nos anos 60 do século XX.
E mañán máis: a cidade do automóbil en Wolfsburgo (a xoia de Volkswagen). Que pasada!
Grazas por seguirnos.