luns, 25 de abril de 2022

Luns 25/04/22


Día intenso hoxe en Champagné.

Comezamos ás 8:30 horas e, despois das presentacións de rigor, dedicamos unha hora a xogos que nos axudaron a coñecernos mellor, rir un pouco e romper o xeo nestas primeiras horas xuntos.

Despois, os estudantes polacos, franceses e españois visitamos unha escola de primaria na que cada escola participante no proxecto explicou en 10 minutos como era o país e escola da que viñan. Foi unha experiencia ben bonita e sorprendeunos o moito que preguntaban os cativos sobre Galicia e a nosa escola.

Despois da comida (ás 12 da mañán) e dun descanso, tivemos a oportunidade de coñecer a representantes de distintas ONGs da área na que estamos: coñecemos o traballo de persoas que loitan en favor da reciclaxe e a concienciación en materia ecolóxica; tamén unha asociación que promove a mobilidade en bicicleta; e unha última asociación que nos evidenciou que as persoas con mobilidade reducida seguen sendo, desgrazadamente, cidadáns de segunda.

Para rematar, disfrutamos a visita dun dos impulsores do PLEIN CHAMP FESTIVAL, un espectacular encontro de arte na rúa. Vimos algunhas das obras e coñecemos a filosofía deste acontecemento.

Mañán poderemos ver as obras creadas en xullo pasado, así que xa vos contaremos.

E, para rematar o día, fomos practicar LASER GAMES: vestidos como guerreiros do espazo, pasamos tres horas estupendas. Rematamos a xornada ás 22:30 horas moi contentos.

Deixamos unhas imanes do día:

Grazas por seguirnos.





.



- '