luns, 2 de marzo de 2020

1-2 Marzo. Viaxe e primeiro día

Ola que tal? Nós levamos 24 horas en Varsovia e xa nos estamos a namorar.

Despois dunha viaxe tranquila e do encontro coas familias polacas, hoxe foi o primero día de proxecto.
E foi intenso:
- Comezamos coñecéndonos na escola cuns xogos.


- Despois saímos cara ZODIAK, o organismo do Concello de Varsovia encargado da planificación urbanística. Alí explicáronnos e coñecemos a historia e o crecemento da cidade dende o século XIII ata a actualidade.

Finalmente, subimos ao cume do Palacio de Cultura, un edificio de 137 metros de altura construido por orde de Stalin e que suscita discusións entre a poboación local (é un sinal do oprobio soviético ou un edificio moi interesante que achega a cultura á cidadanía de Varsovia? Ou quizais as dúas cousas?).

- A continuación visitamos o río Vístula e coñecemos os intentos que se están a levar a cabo para recuperar as aves mariñas que tiñan abandoado o río ao seu paso por Varsovia. Foi sorprendente ver fermosos paxaros (e as súas crías) coa axuda dos prismáticos que tan amablemente nos deixaron.
































- E finalmente a extraordinaria visita a Jazdow (jazdow.pl), unha comunidade autoxestionada no mesmo centro de Varsovia. 25 casas nas que ONGs e familias intentan lanzar adiante un centro cultural dende 1945. Teñen escola infantil, teñen un horto conunitario, organizan concertos e conferencias, tamén desenvolven talleres para desempregados e mozos e mozas de Varsovia... Todo feito con moito traballo e ningunha subvención, e cun ideario clarísimo, no que o ecoloxismo, o consumo responsable e o espírito comunitario marcan a súa acción. Que marabilla de proxecto!


Día longo, é certo, pero día moi nutritivo para todas as persoas que compartimos proxecto.
Ata mañán e grazas por seguirnos.