Día de despedidas en Champagné e Le Mans.
Pero antes puidemos disfrutar das presentacións dos talleres levados a cabo o xoves, ademais de intentar resolver o Escape Game preparado nun deles.
Despois, visita a Le Mans (unha cidade extraordinaria), as despedidas e os choros, e cinco horas pateando París.
A media noite chegamos ao aeroporto Charles De Gaulle, onde saberemos que significa durmir nun aeroporto.
Mañán volvemos a Santiago cheos de agradecemento por ter a oportunidade de vivir unha semana tan fermosa.
Grazas por seguirnos.