mércores, 27 de abril de 2022

Mércores 27/04/22

 Moi boas de novo: un día longo o de hoxe.

Estivemos en Nantes, capital da rexión do País do Loira e a cuarta cidade máis importante de Francia. E máis tarde visitamos St Nazaire, esa cidade que compite con Ferrol por conseguir contratos de construción de buques. En Nantes estivemos visitando LES MACHINES DE L ́ILLE, un espazo industrial no porto de Nantes que, unha vez levados os asteleiros a Saint Nazaire, quedou despoboado e destrozado. Anos despois, entrando no século XXI, comezou un proxecto de rehabilitación desta illa do río Loira, que se traduce en multitude de obras de arte e edificios de gran valor artístico, comezando polo Pazo de Xustiza (de Jean Novel) e continuando por distintos edificios da Universidade de Nantes. Foi fermoso ver o respecto e orgullo polo patrimonio industrial da cidade, e como se conseguiu transformar unha área deprimida da cidade nunha caracterizada pola súa vitalidade e brillantez.

Despois de comer de picnic, achegámonos a St Nazaire, unha cidade que ten a súa orixe moderna no século XIX pero que se fixo famosa no século XX porque foi unha das bases dos submarinos alemáns na II Guerra Mundial. Agradecemos moito a visita guiada á cidade e o tempo de esparcimento na praia.

Esperamos que estas imaxes que compartimos poidan darvos unha idea de todo o que disfrutamos hoxe.

Ata mañán e grazas por seguirnos
















No