martes, 26 de abril de 2022

Martes 26/04/22


Ola de novo: hoxe martes estivemos en Le Mans.

Primeiramente visitamos dúas plantas de tratamento de residuos: unha incineradora e unha planta de reciclaxe de plástico. Alí coñecemos o seu funcionamento e toda a complexidade que se esconde na xestión dos residuos nunha área xeográfica dunhas 200 mil persoas. Só un dato: reciclan cada día 21 toneladas de residuos xerados polo consumo da sociedade. Máis tarde disfrutamos das obras feitas no FESTIVAL PLEIN CHAMP, o estupendo festival internacional de arte na rúa do que nos falaron onte luns. Ademais de ver as obras, tivemos tempo para descansar, comer de picnic, xogar ao baloncesto e o fútbol, descansar, pasear pola beira do río...

Mañán toca Nantes e St Nazaire.

Esperamos que vos gusten as fotos que eliximos do día.

Grazas por serguirnos.















luns, 25 de abril de 2022

Luns 25/04/22


Día intenso hoxe en Champagné.

Comezamos ás 8:30 horas e, despois das presentacións de rigor, dedicamos unha hora a xogos que nos axudaron a coñecernos mellor, rir un pouco e romper o xeo nestas primeiras horas xuntos.

Despois, os estudantes polacos, franceses e españois visitamos unha escola de primaria na que cada escola participante no proxecto explicou en 10 minutos como era o país e escola da que viñan. Foi unha experiencia ben bonita e sorprendeunos o moito que preguntaban os cativos sobre Galicia e a nosa escola.

Despois da comida (ás 12 da mañán) e dun descanso, tivemos a oportunidade de coñecer a representantes de distintas ONGs da área na que estamos: coñecemos o traballo de persoas que loitan en favor da reciclaxe e a concienciación en materia ecolóxica; tamén unha asociación que promove a mobilidade en bicicleta; e unha última asociación que nos evidenciou que as persoas con mobilidade reducida seguen sendo, desgrazadamente, cidadáns de segunda.

Para rematar, disfrutamos a visita dun dos impulsores do PLEIN CHAMP FESTIVAL, un espectacular encontro de arte na rúa. Vimos algunhas das obras e coñecemos a filosofía deste acontecemento.

Mañán poderemos ver as obras creadas en xullo pasado, así que xa vos contaremos.

E, para rematar o día, fomos practicar LASER GAMES: vestidos como guerreiros do espazo, pasamos tres horas estupendas. Rematamos a xornada ás 22:30 horas moi contentos.

Deixamos unhas imanes do día:

Grazas por seguirnos.





.



- '






domingo, 24 de abril de 2022

24/4/22 Viaxe a Francia

 Ola, moi boas. Que gusto escribir estas liñas que, hai só uns meses, pensabamos non poder escribir nunca. Foi difícil pero aquí estamos. Ilusionados e ilusionadas… Dispostas e dispostos a dar o mellor de nós mesmos para que este encontro internacional Erasmus sexa inolvidable. Hoxe foi o momento da viaxe; primeiro a París e despois a Le Mans, onde os nosos rapaces e rapazas do proxecto FOCUS xa descansan nas súas familias de “adopción” e onde se canta a Marsellesa nas rúas tras coñecerse os resultados electorais da segunda ronda das presidenciais francesas. Mañán comezaremos a estudar e reflexionar sobre a cidadanía e a democracia, que é o tema que marca o último semestre do noso proxecto FOCUS, unha iniciativa Erasmus+. Aquí vos deixamos unhas cantas fotos deste domingo. Grazas por seguirnos.






venres, 6 de marzo de 2020

6 Marzo, último día

Moi boas: mañán xa volta o grupo Erasmus+ despois desta excitante e esgotadora semana visitando Varsovia, Nowa Huta e Cracovia.
Moitas experiencias, moitas visitas a lugares inolvidables, nomes de persoas que nos quedan na cabeza, abrazos entre rapaces e rapazas de 12 a 16 anos que compartiron moito máis que visitas culturais.
Hoxe rematamos sinxelamente, amosando os resultados dos talleres realizados, resultados que tiveron que presentar ante todo o grupo (en inglés, por suposto). Foi moi interesante escoitalos, velos comprometerse e implicarse no reto que tiñan que cumprir.











Ademais, tamén queremos amosarvos un pouquiño (moi pouquiño) das actividades que fixeron cos seus amigos e "familias polacas" durante estes días.





Ata mañán e grazas por seguirnos.
Foi un pracer achegarvos as experiencias que todas as persoas do proxecto FOCUS temos vivido estes días.
Deixamos algunhas imaxes da despedida.





xoves, 5 de marzo de 2020

5 de Marzo. Workshops

Ola: de novo con vós para contarvos as actividades que estivemos a desenvolver hoxe.
Estamos xa no penúltimo día de proxecto en Polonia, así que foi o momento para facer os talleres que sempre marcan os dous últimos días dos encontros internacionais Erasmus+. Con eles pretendemos fixar os coñecementos aos que nos achegamos nas visitas dos tres días previos e crear os produtos que os avaliadores do proxecto considerarán para determinar se o noso proxecto cumpre os requisitos esixidos. O certo é que cremos que si!

Aínda que mañán poderedes ver ás persoas do erasmus+ en acción (presentacións dos seus traballos e propostas), o groso do traballo de preparación realizouse hoxe, entre as 8:30 e as 12:30 horas e consistiu en desenvolver catro talleres (traballando en grupos internacionais e co inglés como lingua vehicular) que resumimos brevemente:

- Modeling Warsaw: neste taller presentarán, coa creación de mapas, a evolución da cidade de Varsovia dende o medievo ata a actualidade, ademais de crear a que para as persoas do grupo sería a cidade ideal.

- Report about Warsaw and Nowa Huta: este é o grupo dos "xornalistas", encargados de facer un informe sobre estas dúas cidades e o que elas encerran.

- Revitalization of the school area: este grupo está estudando a área circundante á nosa escola polaca socia (https://stronarasz.idu.edu.pl/) para formular ao Concello as melloras ou necesidades que pensan pode mellorar o barrio (non necesariamente construír ou mercar cousas, senón sobre todo repensar as prioridades na zona).

- Narutowicza square social research: con moito traballo de campo, este grupo está estudando esta praza cercana á escola, preparando entrevistas e entrevistando ás persoas que a utilizan como lugar de traballo, de paso... Froito desa observación e dos resultados obtidos, mañán terán que propor alternativas aos problemas da praza e decidir que planificación urbanística sería máis axeitada neste lugar.

Nas fotografías quixemos amosarvos como é esta escola Bednarska tan curiosa, que naceu como un modelo de escola libre que quería construír democracia en Polonia e que ten no gran pedagogo Janus Korcak a gran fonte de inspiración.






Máis tarde, despois de comer no comedor do colexio, visitamos a Planta de tratamento de auga máis antiga de Polonia (137 anos a contemplan), que se salvou de ser borrada do mapa na II Guerra Mundial grazas á sabotaxe que fixeron dous dos seus traballadores polacos cando os nazis a ían facer estoupar. Grazas á súa valentía disfrutamos hoxe duns espazos subterráneos que nos marabillaron, ademais de comprender un pouco o proceso que experimenta a auga dende que é captada no río Vístula ata que sae da instalación para ser usada nas casas de Varsovia.










Pola tarde, xa coas familias, distintos plans: patinaxe e trampolíns son algúns deles, pero xa nos contarán mañán...
Como sempre, ata mañán, día importante, e grazas por seguirnos.