Boas noites: aquí chega a nosa primeira entrada do blog que vos achegará as vivencias do grupo Erasmus+ do noso colexio a vindeira semana.
Partimos ben cedo de Santiago e, despois dunha breve estancia no aeroporto de Barcelona, onde aproveitamos para felicitar aos xogadores e adestradores do Obradoiro pola súa victoria ao Manresa, chegamos a Hanover como estaba previsto.
Xa en Hanover, todas as familias alemanas que acollen ás nosas rapazas e rapaces do proxecto FOCUS recibiron con alegría a nosa chegada.
A tarde foi de comezar a coñecerse e mañá comezamos xa ás 8 da mañán no Gymnasium Bad Nenndorf, a nosa escola socia aquí.
Será un día para empezar a coñecernos e visitar a cidade na que estamos, unha cidade balneario cunha gran tradición en augas termais e un parque que podemos definir como distinto.
Grazas por seguirnos.
Tremenda experiencia, gran grupo y estupendos tutores..aprovechadla al máximo!!!!!...
ResponderEliminarSodes un grupo estupendo,unha experiencia inolvidable seguro.
ResponderEliminarBicos a todos e boa viaxe.