martes, 3 de marzo de 2020

3 de Marzo, 2º día en Varsovia.

Ola de novo: segundo día visitando Varsovia.
Un dos nosos rapaces preguntou: non é isto moi intenso?

E si, hai que dicir que estamos aprendendo tantas cousas e vendo tantos lugares que é difícil fixar e reter toda a información. Para iso, teremos o xoves e o venres, cos talleres nos que, en grupos internacionais, as persoas que integran o proxecto FOCUS terán que amosar o aprendido.
En resume:
- Comezamos visitando a Varsovia neoclásica, con especial protagonismo para o palacio presidencial e a Universidade na que estudaron Frederic Chopin ou Agnieska Osiecka, por citar dous exemplos destacados da cultura polaca.





- Despois achegámonos á Varsovia medieval, salvaxemente bombardeada na II Guerra Mundial pola aviación nazi. Afortunadamente, puido ser reconstruida grazas ás fotografías que, durante o século XIX, retrataron cada recuncho da que todo mundo fala como a Old Town.
Faltos de tempo, esperamos volver a esta zona da cidade para percorrer a muralla e todas as rúas que a conforman.

- E chegou o momento de visitar Praga District, un barrio absolutamente diferente dentro da cidade, cun museo interesante sobre a súa historia, e cunha realidade de inxustiza que puidemos coñecer e que se repite nas grandes cidades europeas: a gentrificación.

Praga é o gran barrio obreiro da cidade: un lugar duro para vivir, que tiña mala fama na cidade (inseguridade, suciedade...). Dende hai 15 anos comezou a facerse popular entre artistas, cineastas, escritores... e moitas construtoras e promotores puxeron as súas redes nesta zona da cidade.

Os propietarios dos edificios elixiron non arranxar o deterioro dos mesmos para ir expulsando aos veciños, que levaban ducias de anos vivindo alí.
O plan foi funcionando, os veciños foron abandoando as súas vivendas -en réxime de aluguer- e os promotores ían rehabilitando os efificios e vendéndoos e alugándoos moito máis caros
Pero hai asociacións que resisten e loitan por xerar emprego, vivenda digna e benestar no barrio. E nós comemos hoxe no comedor social que a asociación Kuchnia Czerwony Rower abriu hai anos no barrio. Deixamos link abaixo.





Foi xenial saber da súa loita polos últimos do barrio, dos seus talleres e reivindicacións en favor dun barrio para todos, non só para as clases altas da sociedade. Grazas porque nos destes esperanza e alegría e grazas pola comida que puidemos disfrutar.
Non podemos rematar a crónica sen lembrar a figura de Joli Brzeskie, unha muller que aparece en grafitis por todo o barrio, que a homenaxea desta maneira como recoñecemento pola súa denuncia da gentrificación, que rematou cando foi salvaxemente asasinada, despois de recibir ameazas dun importante promotor inmobiliario.
E xa rematamos: mañán toca levantarse ás 5 da mañán porque marchamos a Nowa Hutta e Cracovia, pero esa xa é outra historia.
Garzas por seguirnos

Ningún comentario:

Publicar un comentario