martes, 19 de novembro de 2019

Boas noites: día do máis interesante o de hoxe en Hanover.
Ás oito da mañán collemos un tren que nos levou ata esta interesante cidade, que foi destruida polos bombardeos aliados en 1945 e refeita case que completamente.
Alí fixemos tres actividades:
  • a visita ao Museo da Cidade, onde vimos unha exposición fotográfica sobre como foi medrando a cidade dende 1945 ata o presente. Foi emocionante ver imaxes de familias que, procedentes de España, axudaron a producir o "milagro económico alemán" dos sesenta. Vivindo en barracóns contribuíron a crear a terceira potencia industrial mundial.
  • un tour por Hanover para reflexionar sobre o cambio climático a través dos medios de transporte, a comida que compramos e a súa procedencia, o impacto do noso estilo de vida...
  • coñecemos "Transition Hanover", unha organización que se adica á creación e fomento de hortas urbanas nas que se practica agricultura ecolóxica e un consumo responsable. Explicounos todo o señor García, co que nos fotografiamos, un fillo dun deses migrantes españois que marcharon a Alemaña nos anos 60 do século XX.















E mañán máis: a cidade do automóbil en Wolfsburgo (a xoia de Volkswagen). Que pasada!
Grazas por seguirnos.

luns, 18 de novembro de 2019

Boas noites: hoxe foi un día para coñecernos e coñecer a vila de Bad Nenndorf.
Comezaron os nosos rapaces e rapazas ás 8 da mañán, asistindo a un par de clases (en inglés ou en alemán) para imaxinar e palpar como é iso dunha aula nesta escola, como se relacionan os profesores e profesoras co alumnado,…
Despois disto, aprenderon uns cuantos nomes dos seus colegas alemáns, franceses e polacos a través de distintos xogos de coñecemento nos que compartían cales eran as súas aficións ou comidas preferidas, o gusto por algún instrumento musical ou se tiñan a mesma mascota…
Despois dun pequeno descanso, chegou unha actividade para coñecer a realidade de Bad Nenndorf, prestando especial atención a diferentes aspectos relacionados coa ecoloxía: transporte, emisións de CO2, pegada ecolóxica… Fixeron esta actividade en grupos internacionais, compartindo traballo con sete rapaces e rapazas de catro nacionalidades diferentes.
Pola tarde tempo para estar coas súas familias: sabemos que algúns estiveron patinando sobre xeo e outros nun local de “escape room”.
Mañán toca Hanover, un lugar onde esperamos aprender moitas cousas e medrar en amistade coas rapazas e rapaces do proxecto Erasmus+ que compartimos.
Deixámosvos unhas fotos das primeiras actividades.
Grazas por seguirnos.







domingo, 17 de novembro de 2019



Boas noites: aquí chega a nosa primeira entrada do blog que vos achegará as vivencias do grupo Erasmus+ do noso colexio a vindeira semana.

Partimos ben cedo de Santiago e, despois dunha breve estancia no aeroporto de Barcelona, onde aproveitamos para felicitar aos xogadores e adestradores do Obradoiro pola súa victoria ao Manresa, chegamos a Hanover como estaba previsto.
Xa en Hanover, todas as familias alemanas que acollen ás nosas rapazas e rapaces do proxecto FOCUS recibiron con alegría a nosa chegada.
A tarde foi de comezar a coñecerse e mañá comezamos xa ás 8 da mañán no Gymnasium Bad Nenndorf, a nosa escola socia aquí.
Será un día para empezar a coñecernos e visitar a cidade na que estamos, unha cidade balneario cunha gran tradición en augas termais e un parque que podemos definir como distinto.
Grazas por seguirnos.